O mural coruñés de Leopoldo Nóvoa

Cando se cumplen cinco anos do pasamento de Leopoldo Nóvoa( nado en San Martiño de Salcedo Pontevedra, 1919 e finado en 2012) o Concello coruñés quere renderlle homenaxe cunha exposición no Pazo Municipal, comisariada por Rosario Sarmientol, na que se mostran bocetos da que foi, sen súbida, unha das súas máis importantes intervencións públicas: a do Mural da Canteira de Santa Margarida, feita no ano 1989.
Pode decirse que este mural de 700 metros cadrados resume toda a dialéctica de destrucción-construcción que foi constante no seu quefacer, amén asimesmo dese sentir telúrico e cósmico que como bon galego levaba nos xenes e que o fixo viaxar a miúdo pola metafísica do espacial e do matérico; as veces para sinalar ámbitos de desaparición e de baleiro e outras para acoutar territorios do sagro, mesmo de recintos ceremoniais dos ancestros, como nos seus “Espazos cromlechs”.
O mural de Santa Margarida foi un auténtico reto (continuación dalgún xeito do Mural do Cerro que fixo en Montevideo) que o obligou a dialogar cos volumes irregulares da rocha e coas súas fendas e anfractuosidades; ademais de ter que mover toneladas de materiais e organizalos dun xeito rítmico, no que texturas e cores se armonizasen cunha estética que se integrase no parque e que puidese lembrar as configuracións da natureza. O resultado, do que da testemuña unha foto de X. Lobato, é verdadeiramente espectacular e supera, dende logo, as expectativas que prometen os variados bocetos expostos en María Pita, aínda que estes serven para decatarse do detallado estudo que fixo do lugar e das diferentes partes e materiais que iban a conformar a obra. Podemos ver tamén a progresión dos bocetos; dende os apuntes lineais, feitos a grafito, tinta ou lápiz carbón e sanguina ata aqueles nos que xa especifica as cores, que van a ser os brancos, ocres, grises, terras e negros; hai tamén nove pequenas táboas que poden representar fragmentos ou partes do proxecto.
En realidade, o mural terminado vai a engadir outros moitos valores plásticos: a potencia dos materiais de refugallo usados nos que entran mármores, seixos, lousa, ladrillos, cerámica...; o impacto visual e táctil das diferentes texturas que se van alternando en posicións que xeneran os mais dispares volumes e variados contrastes, co seu corolario de entrantes e saíntes, de luces e de sombras.
Un valor mui importante é o ritmo compositivo dos planos que salientan o dinamismo que quixo impor á materia e que crean secuencias cromáticas e tecidos de relevos que semellan estar xeolóxicamente vivos. Pódese dicir que, no mural, deixou libre canle para as tendencias do espacialismo, da arte matérica e do art brut que tanto o influiron; mesmo podería falarse dunha certa metafísica ou misticismo que o relacionan con Oteiza que foi- según confesión propia- o artista que máis significou para él. L. Nóvoa douse a coñecer na Coruña, na década do 70, grazas a X. R. López Calvo, na súa galería” Mestre Mateo” da rúa Real, de feliz memoria.

O mural coruñés de Leopoldo Nóvoa

Te puede interesar