A TORMENTA PERFECTA

Cando se xuntan a fame coas gañas de comer, nacen as condicións ideais para que poida darse, o que chamamos, a tormenta perfecta. A crise é a millor coartada para desprestixiar o público e ensalzar o privado. A falacia do elevado nivel de eficacia do privado, e o despilfarro e a falla de control do público, volve a cabalgar de novo. Hai quen ten interese en resucitar  a pantasma de que todo o que pasa, é culpa das políticas públicas. É curiosamente, unha maioría que depende dos servizos públicos, acaba caendo ferventemente na trampa, esquecendo que a súa calidade de vida pasa pola súa supervivencia e afianzamento. Ninguén escarmenta en cabeza allea, e mentras non acaben por tocarlle máis as pensións, cobrarlle máis por ir ao médico, por operarse e por estudar, moitos seguirán pensando que non vai con eles. Mentras os parques industriais seguen cheos de toxos e baleiros de empresas, a Xunta subvenciona festas-exaltacións da cebola, da centola ou dos lacóns por  Galicia adiante. As Deputacións seguen existindo e gastando, mentras que os investigadores, seguen fuxindo desesperados. Os emigrantes retornados sinten o acoso de Facenda nas  súas  pensións,  e Rajoy , xa ve luces por todas partes, non só ao fondo do túnel.  Nun estrano miragre, Facenda fai reaparecer o nome da Infanta Cristina en vendas de propiedades varias, por todo o  territorio,  dende pisos ata terras con tractor, nunha rara coincidencia. A culpa- según eles-  é dos DNI que repiten máis que os allos e sempre dan sorpresas… Semella un novo capítulo da tormenta perfecta…mala serie b made in USA, pero xa da noxo… ou medo.

A TORMENTA PERFECTA

Te puede interesar