En 2 días, varios anos

Unha ilusión percorre o país. A ilusión da representatividade. Non hai moitos días a cidadanía miraba con pesadumbre, indolencia e desapego ao goberno do que emabana unha imaxe gris e apática, inundada polas moi próximas malas prácticas. Hoxe, poucos días despois, existe unha certa esperanza na posibilidade dun goberno con altura de miras, que representa a ambición de aspirar a ser grandes e que deixa, xa na súa chegada, símbolos, xestos e declaracións de intencións necesarias. Innovación, ciencia, transición ecolóxica ou formación profesional son eidos nos que os avances a este país teñen chegado a pulos, irregularmente e moitas veces sen visión global. A sensación de ter unha oportunidade é xa, en si mesmo, unha conquista. Como se en dous días tiveramos avanzado varios anos, e chegara o verdadeiro empoderamento da muller, a mirada transversal e a convicción de que a preparación e a visión de país prevalecen sobre o embiguismo. Hai tempo que, salvo excepcións, era difícil velo.
A partir de aquí, chegan  os riscos e as obrigas. A primeira, e de máis vértigo, responder ante as expectativas. España vive suxeita a fíos pequenos de esperanzas na política, con boas razón para elo, e por tanto resulta imprescindible non errar novamente nas decisións. Sería demoledor. Toca afrontar os graves problemas de financiación do sistema público, acuciado en pensións e sanidade por unha demografía aterradora e por un desequilibrio profundo entre a macroeconomía en recuperación e unha microeconomía aínda en cuidados paliativos. É preciso recuperar o diálogo social, que aqueles que máis sufriron os recortes da crise comecen a percibir agora xa unha recuperación de salarios, unha reconversión do mercado laboral cara a modernidade, unha educación máis ampla culturalmente e máis avanzada na súa adaptabilidade ao mercado así como unha sanidade que aposte nítidamente por un servicio público e de calidade. É urxente frear o recorte de liberdades, fortalecer dereitos civís que parecían inamovibles. E, dende logo, é imprescindible consolidar o estado de dereito no que vivimos nos últimos 40 anos e que, lonxe dos discursos victimistas e tormentosos, poderá ter grietas pero resulta unha envexa visto dende fora. Con firmeza pero con flexibilidade. E tamén ao revés, con flexibilidade pero con firmeza. Que parecería o mesmo, pero non o é.
Para todo eso, o segundo grave risco se apunta na suposta debilidade parlamentaria deste goberno. España é un país de natureza escéptica, onde somos quen de criticar con dureza as maiorías absolutas por despóticas pero tamén ser furibundos contra a división do parlamento que implica diálogo. Por riba de todo eso non olvidemos que neste país goberna o Goberno moito máis que o Congreso e que, por exemplo, Dinamarca leva sen unha mayoría absoluta máis de 100 anos e sobreviven. Haberá máis acordos dos esperados, e tamén máis tensións das necesarias. Estas últimas, probablemente, serán provocadas para alimentar a sensación de caos, que haberá a quen interese. Tamén o goberno terá que saber vivir con elo.
En definitiva os retos e dificultades son moitos e non pequenos. Pero non parece que Pedro Sánchez teña feito un goberno para pasar o trámite. Máis ben, ao contrario, é un goberno para afrontar os problemas de raíz. Se cadra, este era o goberno que necesitabamos. O tempo dirá. A min, represéntanme. E moito.

En 2 días, varios anos

Te puede interesar