Gracias, Alfredo

De todas as cabezas que a política deste país deu dende a Transición, Alfredo Pérez Rubalcaba foi a mellor de todas elas. Tería sido un excepcional presidente do Goberno, aínda que foi un candidato imperfecto, unha mente axeitada para un momento inadecuado. E sabíao. 

Se cadra ese foi o xesto que, definitivamente, colocou a Rubalcaba na orla dos intocables para moitos e moitas compañeiras de partido. O PSOE é unha organización con tendencia cainita, ácrata, pero que emociónase cos sacrificios persoais. O seu foi un deles, pois ninguén asumiría liderar un partido en franca discusión social, ante un descalabro electoral previsible e que comprobaba como calquera cambiaba de canal cando saía por televisión. Fíxoo con visión a longo prazo, sabendo que estaba para evitar que os seguintes, a xeración que debía asumir o relevo, queimaran o seu nome. Estes éxitos de hoxe débense, en moito, a aquel xesto entregado. Gracias, Alfredo.

Foi Rubalcaba un político dos que paga a pena escrutar, e ser conscientes da súa influencia. Promotor da LOGSE, unha fantástica lei educativa, negociador do Pacto Polas Libertades, fervente entregado aos acordos, e Ministro de Interior que finalizou o traballo conxunto de terminar co terrorismo etarra. Gracias, Alfredo.

En definitiva, o compañeiro Alfredo Pérez Rubalcaba foi eso que se chama un home de Estado. Un político admirable, admirado e admirador do seu país. Tiven a fortuna de estar no Congreso do PSOE en que se converteu en Secretarío General, e tamén no que se despediu da súa carreira política. Neste último, no escenario, despediuse decindo que non creía o PSOE lle debera moito, pois el sentía que era quen lle debía todo ao PSOE. É importante observar a quen entende que un sempre está en débeda coa xente que lle rodea, e que o fundamento de facer política é servir. Gracias, Alfredo.

Para a lembranza e para as pequenas historias quedará o moi cerca que estivo de visitarnos hai apenas unhas semanas en Arousa. Sempre a disposición, e sempre encantado de compartir, debater e contribuír a que a política persista en mellorar a vida das persoas. Tamén por eso, gracias Alfredo.

“Neste país entérrase moi ben”, dixo Rubalcaba cando o Congreso o despediu, entre loas de todos os partidos e discursos grandilocuentes. Probablemente tiña razón. Pero, ás veces, e aínda que sexa nas despedidas, os aplausos son máis que merecidos. Agora, o son. Por tanto, gracias Alfredo.

Gracias, Alfredo

Te puede interesar