A Señora Carmen: Agora teño "tuiter"

Insistiu tanto meu neto co de facerme un “tuiter” que ao final fíxenlle caso. Eu de “interné” nin idea, pero o rapaz é moi espabilado no tema e convenceume. Só para gastar tanto tempo libre que teño agora na casa. Empecei onte, pero aínda non sei ben como funciona. Prometo que nas vindeiras semanas voulle adicar tempo, que eu cando quero podo ser moi moderna. Non tanto para facer o “feisbú” ese, pero haberá que ir paso a paso. Podes seguir a quen ti queiras. Escriben aí e ti miraslle o que din e daslle a me gusta. E así podes pasar toda a tarde mirando para o teléfono este. Se queredes podédesme seguir en @AsenoraCarmen, seredes dos primeiros seguro. Polo momento só marquei algún Concello, algún alcalde ou político, tamén os clubes da zona e o Luar, que sae o Galloso na foto, e por suposto o Diario de Arousa (@DiarioArousa), que ao fin e o cabo e onde mellor nos teñen informados todos os días  aos subscritores.

A Señora Carmen: Agora teño "tuiter"

Te puede interesar