miércoles 16.10.2019
La Opinión de
Francisco X. Castiñeira
Francisco X. Castiñeira

A HABANA PERDIDA

A diplomacia española sempre está ausente

Friquis no ximnasio

Recordo que na miña primeira vista ao Sahara os especialistas insistían moito en que había que beber cando se tivese sede en grolos pequenos, pero que me esquecese de engulir líquido sen necesidade.

EXILIADOS NA ALDEA

Todo apunta a que un grupo de veciños que abandonaron

ESCOCESES E ESCOCIDOS

Só coñecín a un escocés na miña vida, de momento. Foi un outubro que andaba

Ximnasia no colexio

Cando eu ía a escola había dúas materias curriculares que eran das chamadas marías: relixión e ximnasia. A máis dura viña sendo a formación espiritual porque incluía varias misas á semana e se os vixilantes que paseaban entre os corredores da igrexa non vían que un celebraba a eucaristía con suficiente devoción, chagaba o castigo que consistía en pórse de xeonllos cos brazos abertos diante do altar mentres duraba o culto.

Galegos de Cataluña

Os galegos non temos outras preocupacións máis que lanzar plataformas de apoio ao proceso soberanista de Cataluña. Se aínda fose en defensa do sector do taxi barcelonés, que está en mans de emigrados autóctonos, pareceríame ben, pero gastar esforzos en dar ánimo aos de por alá non o vexo apropiado, sobre todo cando o sector do aluguer de coche con condutor está en guerra cos sistemas dixitais.

DESPOIS DAS VACACIÓNS

Todo parece indicar que a consigna política é que xa se saíu da crise.

Festa da paella

Un que é moi dado a ler a literatura popular escrita en carteis, anuncios e calquera outro modo de letras impresas e pegadas en paredes, potes ou sinais de tránsito, no deixa de asombrarse cando por estas datas de estío afloran festas gastronómicas en cada tribo galaica, porque é que hai de todo e cada cal máis curiosa que a outra.

Pobres políticos

Non teñen sorte os políticos do PP galaico con isto das vacacións. A presenza de Rajoy por estes pagos obrígaos a estar de garda, á espera de que haxa algún acto que requira da súa compaña e a estaren localizados permanentemente.

Outros deportes

Encontrar nos medios informativos noticias sobre outros deportes que non sexa o fútbol é tan imposible como prender o canal Teledeporte e que non estean emitindo un partido de tenis, xa sexa un torneo internacional como unha copa de San Roque. A mocidade nace co balompé e morre vendo o mesmo deporte toda a súa vida. Isto é unha verdade como un templo, porque hai rapaces que falan de Zarra ou Cardeñosa como se fosen seres sempiternos.

ENDOGAMIA OURENSÁ

Axuíza que condena a Baltar chega á conclusión de que a Deputación

Festas célebres

Eu non son gran amante das festas nin sequera dos aniversarios nin onomásticas e menos aínda das celebracións patronais. Que queren que diga... que iso de amencer a base de detonacións pirotécnicas e estrondos de gaitas e tamborís levántame dores de cabeza que nin o ibuprofeno intravenoso calma.

DÍA DAS LETRAS BIS

Este país é como aqueles africanos que se fixeron sobre unha

Cregos escravistas

Na época da vendima o cura de Caamouco daba orde aos seus súbditos de que lle fosen coller as uvas de viño romano do seu emparrado. Ducias de fieis servidores acudían á chamada sen salario nin xornal a cambio. O crego levaba unhas follas dentro dos seus libros santos onde anotaba as barricas que enchía unha vez finalizado todo o proceso vitivinícola.

MÁIS MULLERES

Resulta que Galicia necesita vinte mil mulleres e homes cada

Un país de amargados felices

Galicia é un país de contradicións, por un lado os galaicos son os máis descontentos coa vida, mentres que polo outro todo o territorio arde en festas coa chegada do verán. Será para afogar as penas en exaltacións gastronómicas e degustacións etílicas.

Artículo destacado

ESTAMOS A SALVO

Mentres no resto do Estado andan as forzas policiais a extremar as precaucións con individuos de aspecto árabe (coidado Julio Anguita), en terras galegas non temos ese problema porque por aquí nin sequera posuímos carácter. Pero coidado cos amantes dos años, cordeiros e ovellas asadas, que eses animais non son de tradición culinaria galaica,…