A Arousa é outra cousa

É chejar o vran e hai un movemento criminal na Arousa. Si, na Illa como din os que non son daquí da zona. O conto é que quedei pola mañá cunhas amijas da coral para tomar aljo nunha terrasa e cando chejei ao muelle do Campo había un desplieje criminal. Periodistas, autoridades e unha chea de cámaras de televisión pola serie esa que están a rodar na que sae Coronado. Estou desexando vela! Entre as autoridades estaba a nosa presidenta, Carmela Silva. Que elejante vai sempre esa muller... e que ben fala! Dá justo oíla. Xa comentou que cando se xubile quere formar parte da coral da Illa. Ela si que sabe, o ben que o vai pasar!

A Arousa é outra cousa

Te puede interesar