Á procura de ofertas

O que a unha señora coma min lle gustan as feiras non está escrito. Non perdo unha e o que máis me presta é ir coas “amijas” e despois tomar unha chiquita, que hai que aproveitar. O que non sei é como nos imos “orjanisar” esta fin de semana porque hai feiras de oportunidades en case toda a Ría. O bo é que duran varios días así que haberá que ir probando por todas. Heilles propoñer “empesar” en Cambados, que xa o sábado sacan as tendas á rúa. Van estar no Paseo da Calzada. O domingo podemos ir ata Ribeira, que  os “comersios” do Centro Comercial Aberto botan tamén á  rúa con todo o seu “stock” e disque vai haber “ofertasas” en roupa, “sapatos”, deportes, complementos e ata en “lensería”. Estes fan coma os de Cambados e andarán a vender fóra das tendas ata o luns. Ademais disque sortean vales de compra, que a calquera lle poden vir ben, que aínda queda verán por diante para “jastar” roupa nova.  E xa para acabar, haberá que ir ao Súper Finde a Rianxo, que  “anunsiaron” descontos e “promosións”. Imos acabar cansadas pero “sejuro” que “fasemos” “nejosio”. Malo será que non atopemos onde “fasernos” cunhas “sapatillas” para descansar os pés. 

Á procura de ofertas

Te puede interesar