A “amenasa” da velutina

As avespas asasinas de abellas “ameasan” “ajora” outras “espesies” autóctonas. Onte unha tratou de atacar unhas nécoras na “presentasión” da festa “jastronómica” do mar que “orjanisa” na Arousa o Céltiga. Menos mal que estaba o “conselleiro” da Illa Luis Arosa e que intentou botala a “raquetasos”. Si, si, foi por unha raqueta ao bar do Auditorio e zas! Mágoa que fallase. Pero iso non nos estropeou a proba daquelas nécoras, dos camaróns, das “samburiñas”, do polbo e da empanada. Mira que estaba todo rico, non me estraña nada que a avespa viñera co “arresendo” ata aló. 
E disque onte estivo a presidenta da Deputasión de Pontevedra en “Vilajarsía”.Contáronme que veu a unha lectura de poemas que estaban suxeitos con xabón “Lajarto”. É ben curioso porque eu useino sempre para lavar a roupa, que non hai mellor ca el. E mira “ajora”. Carmela Silva viña do “Jrove” porque por fin van empesar as obras de San Vicente. A ver se para a primavera a miña comadre e mais eu podemos ir pasear tranquilas por alá.

A “amenasa” da velutina

Te puede interesar