Unha bandeira multicolor non fai dano

A miña comadre non entende porque hai que andar a poñer bandeiras de gais nos balcóns consistoriais porque di que iso lévase dentro e que cada un pode facer o que quere sen ter que andar colocando panos en ninjún lado.  Vamos que lle parece unha tranjallada. Pero eu dijo que unha bandeira non lle fai dano a ninjén e que é necesario este tipo de xestos dende as administracións. Antes non se sabía o que se sabe ajora e o camiño faise andando e normalizando o que xa debería estar normalizado dende hai anos. Onte fun por Cambados e vin aos membros do goberno no balcón coa bandeira  e dixéronme que tamén a colocaron en Vilagarcía e na Illa. Onde non a puxeron foi en Sanxenxo e ao parecer non sentou ben. Pareceme raro que o alcalde Telmo Martín non quixera poñer unha bandeira gai no balcón, penso máis ben que se esqueceu porque anda con mil cousas na cabeza. Mira qué traballa este home, non para un segundo de aquí para alá, de reunión en reunión. Xa ten fama de traballador e non debe ser mentira. 

Unha bandeira multicolor non fai dano

Te puede interesar