O bingo non se toca, o teito tampouco

QUE RISAS ONTE co Clube de Xubilados na Casa do Mar en Vilagarcía. Alá nos fumos xogar ao bingo, unha moi boa idea, si señor, para estes días tan fríos. A min a “emosión” dos números, os cánticos e os premios xa me fan “esqueser” as penurias do que vou ter que “pajar” pola factura da “lus” este mes. Que ten tela o asunto: A “electrisidade” máis cara cando máis falta fai... Pero ese é outro conto. Outro día. O dito, que así, con actividades para os maiores, da “justo”, home. A min onde estea un bo bingo o un baile, sexa ou non “ajarrado”, que se quite tanta televisión e tanto Internet. Aínda que “aljúns” pasos teño aprendido vendo tutoriais de “Yutub” que me pon de cando en cando meu neto. O bingo, nin tocalo. E mira ti, “ijualiño” que o local dos meus “amijos” dos xubilados de Cambados. Alí o teito tampouco o tocan. E mira que levan anos pedindo por favor un arranxo, que entre humidades e “pesas” que caen un día imos ter un “desjusto”. Así que veña, sentidiño e ao choio, que actividades os maiores “fasemos” moitas, pero unha man para manter os locais tamén nos toca, non?

O bingo non se toca, o teito tampouco

Te puede interesar