Co mal que está o traballo “aljúns” queren contratar robots

ESTAMOS PERDIDIÑOS. Cousas veredes. Arredemo! Mimadriñaquerida da ialma! Son unha muller moderna, adaptada aos tempos, pero nunca tal mirara na miña vida. Levanteime cedo, comprei o pulpo na praza e antes de poñer a pota ao lume fun chamar pola miña “amija” Maruxa. Sempre que podemos imos pasear un pouco e así temos excusa para tomarlle unha na Baldosa. Pero onte tiveron que ser dúas. Quedamos parvas. Resulta que pasabamos polo auditorio e miramos alí un autobús moi xeitoso e moito rebumbio ao redor. Está o alcalde, berroume Maruxa. E claro, alá fomos. Bule, bule que vai marchar. Nada máis “chejar” miramos unha cousa pequena como a da Guerra das Galaxias a brincar dun lado para outro. Quedamos coa boca aberta e xa non a poidemos pechar cando os expertos falaban de que en Xapón había un hotel no que non traballaba a xente, senón robots como o que estabamos a ollar. Mira ti, co mal que está o traballo e “aljúns” xa queren meter unha máquina na obra. Bueno, a min non me viría mal un deses que limpa na casa, “freja” a “lousa” e, de paso, abanica cando vai calor. Pois nada, o que lles “dijo”, marchamos pitando para a Baldosa e de aí polo aire para casa a cociñar o pulpo, sen cachelos, claro.

Co mal que está o traballo “aljúns” queren contratar robots

Te puede interesar