Os demos do urbanismo

QUEDEI DE PEDRA CANDO o lin no Diario de Arousa. Resulta que en “Vilajarsía” van “faser” novas rúas peatonais, pola Praza de Galicia e da Independencia, disque. A ver, eu sonche moito de ir camiñar, que a “ruta do colesterol” para min é un ritual “sajrado”. E despois, cando teño que ir a “aljún” sitio a fóra, e fóra eu chámolle pasar do Rial ou de Bamio, pois busco sempre coche que me leve, que para iso están tamén as amistades, para “jorronear” un pouco, senón, para que. Así que a min, de verdade que tanto me ten. Pero, mimadriña! Cando o lin xa me olía eu que ía ser “jorda” e onte na Baldosa case non se falaba doutra cousa. Eu, que xa teño uns anos, podo “disir” que “siclicamente” saen varios demos coa lea esta do urbanismo: É mentar unha “peatonalisasión”, unha “parselaria” ou un PXOM e a xente tolea. E ás “veses” con “rasón”. Porque que lle toquen o marco a unha, ai! Con iso hai que andar con ollo. E os cambios nas estradas son sempre complicados, mira que non houbo protestas doutras “veses”. A ver en que queda.
 

Os demos do urbanismo

Te puede interesar