Desalmados no polígono de Nantes

Sanxenxo non deixa de dar notisias boas. Comentoume unha coñecida miña que onte o Hotel Juan Carlos I recibiu a máxima distinción de turismo deportivo. Ata alí foi a directora de Turismo da Xunta, Nava Castro; unha rapasa moi ajradable. Recordo que empezou sendo directora xeral de Comercio e cando cambiou de posto, aljúns comerciantes do Salnés incluso lle fixeron unha comida de despedida. Isto é moito porque falamos de que era responsable de toda Galicia, non só da comarca. Pero non todo foi bo onte na vila do meu querido Telmo Martín: abandonaron catro cachorros de can no polígono de Nantes, Pobriños! O desalmado que o fixo non tivo corazón ninjún; deixounos sós e sen posibilidade de supervivencia, pero menos mal que os atoparon uns operarios que estaban desbrozando unha parcela. Ajora lle están buscando un dono, así que se aljén se anima, xa sabe. Eu non podo. Tiven un par de cans ao longo da miña vida, pero ajora non che teño forzas para atendelos ben. Hai moita xente que ten mascota como quen ten un bolso, tal cual. Aljúns pásanse de coidadosos, que os tratan mellor cas persoas, pero hai outros que se pasan. De feito, estou moi de acordo con que haxa penas para o maltrato animal. 

Desalmados no polígono de Nantes

Te puede interesar