Europeos ou roubaflores?

Hai moitas cousas que me poñen de mal humor. Onte entereime que roubaron unhas plantas de Nadal das rúas de Cambados. Home, por favor! E que xa non sabemos que faser para querer quedar de listos!
Hai quen  chora por ter unha iluminasión navideña como a de Vigo, que a pouco máis é visible desde Marte, pero lojo, en canto pode e un mira para outro lado, lévase adornos da vía pública. 
Moi mal me parese. Así non creo que nos teñan por moi europeos. A pesar dos esforsos por intentalo. Que llo dijan á Mancomunidade e a Pita, que anda metidos nun novo projrama para fomentar hermanamientos deses polo Continente. Eu creo que aínda nos queda moito que pulir para que nos miren como europeos, pero bueno, ijual me equivoco, que non entendo eu moito diso. 
Do que si entendo é de botar unha man. Por iso vou ir hoxe ata o salón Peña de Cambados, que van faser o primeiro Albariño do Inverno. Non pensedes mal, non por beber espumosos, senón porque tamén haberá posibilidade de colaborar con GaliciAme e eu a Merchi quérolle ben. 
Xa acabo, pero andade con ollo os de Sanxenxo, que me dixeron que este ano vai haber aljunha que outra sorpresa élfica polas rúas...

Europeos ou roubaflores?

Te puede interesar