Fai un frío que mete medo

NON VOS DEIXEDES enjañar polos catro raios de sol que saen todas as mañás. Fai un frío que mete medo! Como se nota que está decembro aí ao lado. Eu xa botei outra manta na cama, pero cando saio á mañá para ir dar unha voltiña pola “ruta do colesterol” coa miña comadre... vaia se se nota o frío! O que vou ter que faser é comprar un chaleco coma o que ten o alcalde de Ribadumia, David Castro. Ese si que debe ser quentiño porque oes, dende que empezou o inverno sempre que o vexo nas fotos dos periódicos vai con el posto! Fai tal cual coma o meu fillo, o que traballa nunha empresa de sejuros en Cambados... sempre ten un chaleco alí coljado para poñer por encima porque seica ten frío... Ijual ata o compraron no mesmo sitio e todo. A min, xa volo dijo, xa me convenseu a idea que para tapar os riles cando estou na casa véxoo unha idea estupenda!

Fai un frío que mete medo

Te puede interesar