Fun a San Cibrán e biquei o santo

Os anos non pasan en balde e por iso hai que coidarse cada vez máis. Eu fago deporte case todos os días, vou polo colesterol para arriba e polo colesterol para abaixo a un ritmo que ata lle jano aos mozos da operación bikini. Pero os cambios de tempo mátanme. Pasar de tantos calores a mollar os pés non me senta nada ben e xa non só me doen os riles, senón tamén as pernas, que hai días que non podo con elas. Por eso fun onte a Sobradelo á romaría de San Cibrán. Fun con Mariña, a miña amija de Cambados, e cando chejamos alá non faltaba ningunha, todas a facer cola para darlle un bico ao santo e curar a reuma que tanto nos amola. Eu quería ir tamén a Corrubedo, pero non atopei quen me levara. En autobús é aljo imposible e penso que costa menos chejar a Madrid que a Ribeira en autobús e dalí a Corrubedo. Non é que sexa moi ecoloxista, pero jústame axudar no que podo e entereime polo Diario que ían a plantar árbores e a celebrar o XXV aniversario do parque natural e a min esas cousas chístanme. Para a próxima, ajora vou ver como ando da espalda despois de darlle bicos ao santo coma se fose o mellor dos médicos. Se falla San Cibrán hei de probar cun masaxista que coñece a miña comadre.

Fun a San Cibrán e biquei o santo

Te puede interesar