Haberá que ver o Celta esta noite de temporal

FELIZ CUMPREANOS MARI PAZ. Onte festexou o seu anivesario a futbolista de Bamio. Cumpreu 29 anos e ata lle regalaron camisetas firmadas os xogadores do equipo masculino do Valencia, onde xoga, como Mario Suárez. Quero felicitar tamén ao seu irmá xemelgo Alberto. Non son moi futbolera, pero hoxe estarei pendente da televisión porque xoga o Celta para chegar á final da Copa. Que ben o pasei a semana pasada cando eliminaron aos do Madrí. O Celta é moito, xa o dicía o meu finado Benitiño cando ía a Balaídos á grada de Marcador. Non tiña mellor forma de desconectar que co fútbol. O que vai ter tempo libre é Miguel Pérez, do PP do Grove, xa está preparando a despedida, logo de ser alcalde e de estar anos na oposición. En marzo xa pode deixar descansar a cabeciña con tanta política e dedicarse á familia e á cociña, que seica lle dá moi ben. 
Xa quitei todas as macetas que tiña colgadas na ventá porque seica vén un temporal criminal e non vaia a ser que lle caian a veciña de abaixo na cabeza.
 

Haberá que ver o Celta esta noite de temporal

Te puede interesar