Heredeiros da Crus, do Barbansa a Fefiñáns

PARESE QUE O LEITE CON MEL vai fasendo das súas e xa me atopo un pouco mellor da jripe. Onte tiven ao meu neto todo o día na casa e non fixo máis que romperme a cabeza! Tivo a música asendida toda a tarde de dios! E é que seica, sejún me dixo o netiño, veñen os Heredeiros da Crus a tocar ao Albariño a Cambados. Si, aínda estamos en xaneiro, pero parese que o joberno cuatripartito quere deixar todo atado e ben atado, e se é con antelación pois moito mellor. Os Heredeiros son uns rapaces de Riveira que cantan en jallejo, pero no jallejo jallejo eh? Non no jallejo que falan no Telexornal, senón no que falamos as que imos á seca ou na taberna do Manolo. Dá justo oílos! Quen verá ao cantante tirándose en plancha enriba de toda a xentiña que se xunta en Fefiñáns! Eu porque xa non teño idade, pero vai ser digno de ver. O rapas non vos vive disto, de feito polo que dixo unha vez en LandRober traballa de carretillero en Frinsa. Iso si que é valer para un roto e para un descosido... tanto che levanta un palé como che canta un “churras, churras, churras”, dese. Vale un imperio!

Heredeiros da Crus, do Barbansa a Fefiñáns

Te puede interesar