Manrique e Felipe IV, protagonistas no Pleno de Vilagarcía

QUE CULTOS SON ALGÚNS PLENOS. Despois de xantar fun dar un paseo coa miña amija Carme. Íbamos dereitiñas para o paseo do colesterol cando a miña comadre chamou por nós para pasar por Ravella e escoitar aos políticos que estaban no Pleno de Vilagarcía. A idea non me chistaba moito, porque estou deles ata alí mesmo, pero por non facerlle un feo, alá fun. Bueno o que mirei alí si que é relear. Oes, que a visiña do lado queda curta cando discute coa peixeira para que lle rebaixe os chinchos cinco céntimos. Eran o alcalde e o exalcalde os que non eran quen de poñerse dacordo e falaban cada un para o seu con cara de poucos amijos. Xa ía marchar cando o rapás da prosodia, ese que ten os ollos bonitos, falou de Jorge Manrique e xa pensei que ía recitar uns versos, pero quedei coas janas. O conto é que para non ser menos, Lucía, a irmá do ciclista, recorriu á historia con Felipe IV para falar da reválida que sacou aos rapaces á rúa. Vaia, haberá que ir estudiada aos plenos.

Manrique e Felipe IV, protagonistas no Pleno de Vilagarcía

Te puede interesar