MENUDA TRAPALLADA O DE SAN VALENTÍN!

VOUVOS DICIR UNHA COUSA: Non podo coa trapallada esa do San Valentín! Eu contra o santo non teño nada, ben o sabe Dios, pero nunca me justou iso de celebrar o amor por decreto con ajasallos. Ajora todo é comprar e comprar. Na miña época as cousas xa eran ben distintas, as parellas non celebraban San Valentín, pero había outros detalles e non só ese día. Lémbrome do día que Benitiño me chejou cunha reserva nun hotel en Benidorm. Mira que me fixo ilusión! Que ben facía as filloas e as chulas, sempre con ovos da casa, e como as disfrutaba cando cheghaba do mar cansa e chea de salitre. Ajora todo son corazóns e parvadas que máis teñen que ver coa necesidade de consumir que ten ajora a xente que co verdadeiro sentido que ten o amor dunha parella.

MENUDA TRAPALLADA O DE SAN VALENTÍN!

Te puede interesar