DE MEXILLÓN PODE VIVIR O HOME, E A MULLER

A PASTILLA DE MEXILLÓN é o ultimiño e non é para dar sabor á comida, como o “avecrén”. Son de “omeja tres”, ou aljo así, e disque son boísimas para a memoria e o reuma. Pero a min non me descobren nada novo. Iso xa o sabía eu porque anda que non levo anos comendo mexillón e acórdome de todo. Pouca cousa se me escapa. De feito, onte fun a Cambados a ver á voceira do BNG, Ana Pontón, porque me levou a prima do meu defuntiño e xa descubrín que no Concello están argallando una xornada das camelias. Estaba por alí a profesora Adela Leiro ensinándolle unhas fotos a ela e máis ao concelleiro Víctor Caamaño e penso que eran para o cartel. Ajora, se aljén me enamorou onte foi a foca Luceiro. Dixéronme que posou para a foto en canto escoitou o “flás”, coma se fora unha persona. Nunca tal vira!

DE MEXILLÓN PODE VIVIR O HOME, E A MULLER

Te puede interesar