A moda esta da compostaxe

 CANDO AS COUSAS se fan ben tamén hai que dicilo. Estácheme justando moito toda esta moda da compostaxe que están sejindo os que viven nas vilas e na “ciudá”. Lin no Diario que vai tan ben a cousa que están pensando en ampliar os colectores e todo. Eu xa vos anunsio que iso da compostaxe xa o veño facendo dende hai anos no jaliñeiro que teño na finca da aldea. Aínda vivía o meu Benitiño cando sacabamos o esterco para plantar as patacas ou botarlle á terra cando plantabamos tomates. Daquela chamábaselle abono, a secas, pero se lle poñen ese nome moderno pois a min paréseme ben. E se se une máis xente, pois aínda mellor. Hoxe seica vai haber un reparto do abono ese en Cambados. A miña amija Rosita seica vai ir aló, a ver qué me conta. Onte aproveitei que estaba un pouco mellor da jripe para ir ver a Garzón (si, o xuíz). Veu por un acto da Memoria Histórica e eu, que me acordo del de cando foi a Nécora como se fose hoxe, non quixen faltar para quitar unha foto con el. Oes, é máis juapo que na televisión e ata parece que está máis deljado! Un encanto de home!

A moda esta da compostaxe

Te puede interesar