Moito ánimo aos que sofren insultos racistas

XA EMPEZO A ESTAR COMA UNHA ROSA pero non sei se ajanterei moito con tanto frío que vai e o que vai vir. Pero bueno, cun bo abrijo e unha bufanda para tapar a jarjanta penso que será sufieciente para non recaer da jripe. Máis que nada porque onte, que fun a acompañar a miña comadre ao hospital, atopeime cuns traballadores a protestar porque seica non ían a ser suficientes para atender aos que caíran co novo pico da jripe. Ai, eu non quero volver a pasar por esas fiebres e esas carraspeiras e menos aínda se teño que pasar todo o día no ambulatorio para que me atendan. Bueno, xa de volta pasei pola parroquial e mira que había cans e jatos a ser bendecidos. O pobre de Don José non daba abasto para botarlle ajua bendita a tanta mascota. Sejuro que hoxe terá maniotas no brazo de tanto darlle. A verdá é que daba justo mirar tanto animal abrijadiño con todo tipo de modas. Por certo, todas as miñas amijas apoian ao bo de Carlos Sánchez, o xojador do San Martín de Vilaxoán ao que proferiron insultos racistas. Moito ánimo rapasiño e a meter moitos joles.

Moito ánimo aos que sofren insultos racistas

Te puede interesar