Fredi Bea, papá por cuarta vez

ONDE HAI NENOS HAI LEDICIA. E Fredi Bea tomouno ao pé da letra. Entereime de que o outro día foi papá por cuarta vez. Dende logo ese neno que acaba de chegar a O Grove non se poderá queixar de non ter con quen xogar. A min os nenos encántame e dáme pena que xa non haxa familias numerosas como había antes. Aínda que cada opción ten as súas cousas boas e malas. O que xa non sei é se Fredi chega a tempo para esas cestas que vai mandar a Xunta. Eu creo que lin que xa se reparten en agosto pero non o teño claro. En calquera caso de moito apuro non lles vai sacar, polo que vin. O que si, con cesta ou sen ela, un bebé sempre é felicidade. Noraboa a Fredi e á súa muller. Para celebralo vou ir hoxe a Cambados, que empeza a Festa do Albariño e voulle tomar unha copiña coas miñas “amijas”. A ver se aproveito tamén para escoitar ao meu admirado Paco o de Xenxa, bueno, Francisco Fernández Rei, que é o académico da RAG que pronuncia o pregón. Ai! É tan bo mozo, e fala tan ben que vou buscar unha sombra para non perder detalle.

Fredi Bea, papá por cuarta vez

Te puede interesar