A loita contra o lume é unha cousa de todos

VAIA DISJUSTO TEÑO. Co contenta que estaba onte pola mañá contando as anécdotas da Festa do Albariño, que houbo moitas, e resulta que pasei a tarde e unha boa parte da noite coa alma nun puño por culpa do incendio de Saiar, que afectou tamén a Castroagudín. Xa non quixen saber nada dos contos da miña comadre, que viña a decirme con toda que mirara a Antonio Carmona, o cantante de Ketama, dándose uns baños na piscina do Balneario Acuña de Caldas de Reis. Non estaba eu para baños nin para nada. Os incendiarios quitáronme o humor. O monte forma parte das nosas vidas e quen atenta contra eles faino contra todos nós. Hoxe non hai lerias, hai solidariedade coas víctimas do incendio, ánimo a quen perdeu algo nel e moitas forzas e agradecemento a quenes loitan contra o lume.

A loita contra o lume é unha cousa de todos

Te puede interesar