O martes, ao sol

“AJORA” A TOMAR o sol disque lle chaman “morenear”. Onte non é que fora o día máis caluroso, que xa houbo máis, pero vaia, a mañá quedárase xeitosa e fun ata A Illa, que sempre da “justo” andar por aló. Alá estaba, a botar de menos os postos de marisco que sempre poñen no Cantiño un pouco máis entrado o verán, cando, mimadriña! A de xente que se xuntou de repente! Disque viñan a conselleira do Mar e o presidente de Portos a falar de pantaláns ou “aljo” así, que amarres sempre fan falta, iso si. Falar non sei se falaron, pero paparon sol bastante, un paseíño ata o Xufre para a toda a comitiva, que menudo séquito! Alí non faltaba “ninjén”.
Ben, o conto é que marcho para “Vilajarsía” a ver se aínda paraba no mercado e a que non sabedes a quen atopo? Outra comitiva coa conselleira do Mar! E dicían que despois aínda foi a Cambados, esa si que é unha axenda! Pero alí había moita máis xente, disque outro conselleiro máis, autoridades do porto e Tomás, o do PP, ai ese si que estaba moreniño que daba “justo” velo. E non fun a única que se fixou, eh? Que o rapaz non deixou de recibir eloxios, que aínda tivo que explicar como facía para ter tanto coloriño. Xa me quedei por alí, pero total, nada, porque eu estaba a esperar polo alcalde “juapo”, pero ese, non sei por que lea do ambulatorio, non estaba.

O martes, ao sol

Te puede interesar