Non acabo de entender a moda los pallasos diabólicos

HAI MODAS QUE NON ENTENDO. Resulta que agora os rapases vístense de pallasos, disque diabólicos, para quedar nun sitio para darse unha malleira mutua. Din que cada vez son máis os chavales que fan o parvo desta maneira sen darse conta de que se poden mancar e despois son as nais e os pais os que teñen que aturar a estes valentes de botellón e que á hora da verdade, cando de verdade hai que actuar con responsabilidade, son máis miniños que homes. Eu, por si acaso, xa levo o bolso ben carjadiño de cousas por se algún cara pintada con perruca de cores quere asombrarme. O meu corazón non está para esas cousas. Ben que o coido dando voltas polo paseo do colesterol con Maruxa e a miña comadre para que estes me quiten anos de vida. Diso nada, que a min todavía me quedan moitos bailes na terseira edá, pero sen arrimarme moito, que aínda lembro ao meu Benito. Por certo, eu xa fun limpar o cemiterio, teño os deberes feitos e vos, ides esperar ata o último día?

Non acabo de entender a moda los pallasos diabólicos

Te puede interesar