Non vos perdades hoxe ás bulideiras!

Non sei se me ajuantarán os xeonllos coa movida que levo estes días. Onte estaba a pasear por Silgar cando me chivaron que andaba o rei emérito Juan Carlos por Sanxenxo e claro, alá fomos a miña comadre e máis eu, ata o porto deportivo onde estaba para participar nunha rejata que leva o seu nome. Tamén estaba o alcalde Telmo que lle quixo ir a saudar, pero creo que non se animou a ir a navegar. Como sempre anda tan liado, sejuro que nin tempo tivo, o pobre! Sanxenx está estes días moi monárquica porque me dixeron tamén que o luns ven a infanta Elena tamén a Sanxenxo a através da fundación Mapfre. Lástima que eu o luns teña cita co médico ás 10:30 horas e xa non me vai dar tempo a chejar. Pero hoxe teño a cita máis importante de todas porque veredes  as Cantareiras Bulideiras de Fontecarmoa actúan hoxe no Auditorio de Vilagarcía. E iso si que non mo perdo por nada das cousas porque teño moi boas amigas no grupo e porque ademais a actuación é unha homenaxe á xente do mar. Ben contento estaba tamén o alcalde do Grove, Jose Cacabelos, que onte foi visitar unha obra de saneamento a Teniente Domínguez e onde o Concello vai a invertir 80.000 euros de fondos municipais. Ben  o merecen os veciños do Jrove que coas tuberías como tiñan bastante paciencia tiveron. Non sei se serán estes cambios de tempo que disque para a semana volve a calor tropical que ando ben fastididada dos ósos, pero bueno un ibuprofeno e a sjir tirando e disfrutando dos últimos coletazos do verán. E deixovos que vou facer a ruta de colesterol ata Carril que teño que baixar as chulas e os churros que estou a comer nestes días co café.

Non vos perdades hoxe ás bulideiras!

Te puede interesar