Paseo do colesterol para arriba, paseo para abaixo

VAIA TRABALLÓN EN NOITEBOA.  Desde que teño netos, cos meus fillos Papá Noel quedaba en Estados Unidos en non cruzaba o charco, encántame a Navidad. Cando coincide que os fillos e as noras non teñen outros compromisos, xuntámonos todos na miña casa e veña, a comer e a beber. Teño que admitir que o paso moi ben. Encántanme os rapases fasendo das súas e mais as conversas entre os cuñados dunha cousa ou da outra a ver quen é o máis listo. Eu sempre fun invitada desde que faltou o meu Benitiño. Ai coma me acorda...
Pero nesta ocasión tocou na miña casa. Xa non me acordaba do estrés que supón preparar un banquete. Que se hai que ir á praza para coller o marisco fresco, ao supermercado, aquí, acolá... E despois cociñar todo, e telo listo para que todo o mundo se chupe os dedos á hora en punto. A verdá é que non me importou, porque paseino pipa e aínda por riba uns e outras axudáronme a recoller e a lavar a lousa a man, que eu non teño lavavajillas. Con tanto dulce, onte recorrín o paseo do colesterol cuarenta veces, a ver se recupero o tipo para Noiteboa.

Paseo do colesterol para arriba, paseo para abaixo

Te puede interesar