De punta en blanco para festexar o Pilar

NON ME PERDO UN ANO, teño que confesalo, cada celebración do Pilar póñome na Praza de España a ver pasar os asistentes á misa. Non vaiades a pensar que é por cotilleo, pero asegurovos, que a xente vai vestida como para unha  voda e eu que teño unha agora para decembro pois vou collendo ideas. Coma min aquí en Vilagarcía hai unhas cantas que non perden unha cita destas. A chuvia desluciu un pouco a vestimenta porque cos paraugas non se podían ver ben, pero eu quedeime con algúns zapatos que hei de buscar no mercadiño de Cambados a ver se os atopo...
Pola tarde, fun a pasear pola zona do Con e mira que había xente, porque hai unha feira do motor, dixéronme, á que viu onte moitísima xente coa cousa de que era festivo. A verdade é que a min os coches danme igual, prefiro o autobús, que para andar polo centro da gusto, pero para ir ao Hospital é tremendo, a ver se poñen outra liña e deixo de marear a miña filla.

De punta en blanco para festexar o Pilar

Te puede interesar