Que viva San Roque!

Como se nota que “chejou” o San Roque a “Vilajarsía”: a rúa “ateijada” de xente sorrindo, de nenos brincando, de “actuasións” en cada esquina... E como me “justou”  o “prejón”. Hai que ver que ben falou David Seijo, como se lle nota de onde vén. Quixo estar acompañado de seu avó Enrique, que ten 90 anos, e pediu respeto para as persoas maiores que andamos a outro ritmo. A miña comadre e máis eu estamos aínda “emosionadas” coa súa mensaxe de optimismo. E “lojo” vimos o pasarrúas, que “juapos” ían todos os músicos vestidos e que ben soaban as “jaitas”, as pandeiretas e os tambores. Daba “justo” escoitalos tocando o “primpimpín” na ofrenda a San Roque! E vaia espectáculo bonito tamén onte na “plasa” de Galicia. Vimos unha “actuasión” “presiosa”, iso si, tivemos que quedar de pé, que non había onde sentar da cantidade de xente que estaba alá. Ai! E de camiño andivemos tamén á beira duns “sancudos” que ían en patíns!
En fin, queda moita “projramasión” da que “josar”  ata o “dominjo” así que nós onte tivemos que retirarnos “sedo”. A festa acaba de “empesar” e dúas señoras comas nós temos que “jardar” “forsas”. Vémonos na rúa! Que viva San Roque!

Que viva San Roque!

Te puede interesar