Quen me dera os 54 “tacos” de Gonzalo Durán

HOXE ESTÁ DE ANIVERSARIO o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán. Cumpre 54 anos ou “tacos”, como disía a miña filla cando era máis moza, aínda que ajora resulta que iso está desfasado. Antes as verbas cambiaban e as “moderneces” pouco duraban, pero é que os mozos de hoxe en día cada vez jastan menos letras. Nin que llas cobraran! O outro día ensinoume unha amija unha mensaxe no móbil que lle enviou o seu neto e entre que non tiña as jafas comigo e tantas consonantes xuntas... Non lle entendía nadiña. Eu non che son moito das novas tecnoloxías, pero móbil teño. Quería faserme un “feisbuc”, pero a verdá é que non entendía moi ben como funciona e decidín deixalo, e iso que o meu neto tivo moita paciencia comigo, explicándome todo, pero cheja unha idade na que hai cousas que xa non se poden. Quen me dera os 54 do alcalde de Vilanova! Mira ti, e cando tiña 30 paresíanme moitos, pero ajora, que xa hai anos que os dexei atrás... Por certo, eu quería un “feisbuc” porque aínda che informa de cousas. De feito, o meu neto díxome que vira aí que marcha o presidente da asociación dos hostaleiros, José Dieste. Seica non ten tempo. Unha pena. Nin un ano levaba! A ver que pasa ajora porque este ano xa me quedei sen feira das tapas.

Quen me dera os 54 “tacos” de Gonzalo Durán

Te puede interesar