Entre Revenidas, Ameixa e Combate

Xa sabedes que son o mundo de festeira. Esta fin de semana tócame San Antoniño do Pousadoiro e a partir de ahí xa se abre toda unha temporada de verán na que vou de festa en festa gastronómica e, claro, xa me quedo á verbena para bailar un pouco e non subir tantos quilos. A ver se este ano tamén atopo a Lucio. Jústanme todas, pero entre as miñas festas preferidas están a das Revenidas en Vilaxoán e a da Ameixa en Carril e claro, falando de Vilagarcía non podo faltar ao Combate Naval. Ai, como me justan os fuejos de colores. Pero este ano seica estes eventos son todos na mesma fin de semana. Non sei como vou facer para estar en todas, pero vouno intentar. Por certo, di a miña comadre que ijual que con tanto fojete os servizos de emerxencias de Vilagarcía non van a dar abasto para estar en todos os sitios desde a mañá á noite. A ver que fan os do Concello para solucionalo, pero aljo terán que facer, dijo eu. Por certo, mañá, despois de comprar o Diario no quiosco, hei de ir a tomarlle unhas tapas por Vilagarcía a ver se están boas. Mentres teño que buscar a aljén que me descubra o misterio da mochila do diputado nacional. Parese que leva alí os deberes que lle poñen no Congreso e polo que se ve deben de ser moitos, porque é un bolso tan jrande como o que leva o meu neto á escola.

Entre Revenidas, Ameixa e Combate

Te puede interesar