Sen artifisios na Arousa

Non se falaba onte doutra cousa na Illa. Pois hoxe selebran o Carmen, que jran festa!, pero vai estar un pouco descafeinada, porque prohibiron os fojos artifisiais. 
A comisión disque estivo ata última hora a ver, cos permisos a voltas, pero que non. Que despois do de Tui, coa pirotecnia hai que andar con coidado e a zona do porto desde onde sempre botaron os fojetes, resulta que non é sejura. 
A ver, o enfado daljúns onte era comprensible, pero tamén a postura dos que velan pola sejuridade. Que máis vale quedar un ano sen  fojetes que lamentar unha desjrasia, ou non? Iso está claro. 
Ajora toca pensar a ver onde os poñen o ano que vén. E iso xa será outro rompedero de cabesa, porque na Illa, moito, moito sitio lonxe das casas, o que se di, non hai. Se non, que llo dijan aos do Concello que, nada, non consijen a singularidade esa por máis que teimen. 
Quedade tranquilos. Con ou sen fojos artifisiais, o Carmen de A Illa vai ser unha festasa. Coma sempre no Carmen. E como sempre na Illa. Diso estou sejura. 

Sen artifisios na Arousa

Te puede interesar