A solidariedade tamén se aprende

Nos meus tempos dicíase que a letra con sangue entra. Sufrín e nunca entendín esa forma de pensar pola que os máis pequenos son inimigos. Non hai nada máis “enganabobos” que as mentiras repetidas coma verdades durante séculos. Porque o certo é que ninguén aprende a golpes. E que non hai mellor forma de ensinar que facendo o ben. Vaia roio estou botando! É que é un tema que me toca no fondo do corazón. Por iso eu sempre defendo que a educación, quitando o tema dos recursos e dos políticos, mellorou en moitos sentidos. Sobre todo no de transmitir valores. E niso ao parecer é moi importante a laboura que realiza a Escola Municipal de Valga. Resulta que durante os últimos días fixeron un mercadillo benéfico e destinaron os fondos á Asociación contra o Cancro. Tamén fixeron moito fincapé na concienciación polo día do TDHA, que é un trastorno que antes non coñecíamos e dicíamos que os nenos eran rabudos ou fervellos. O que nos queda por aprender. Por certo, non ven a conto, pero seica Cacabelos empezou a traballar de camareiro. Tiña 15 anos. Como cambiou o conto!

A solidariedade tamén se aprende

Te puede interesar