Unha viaxe ó pasado

Como me acordei onte de Josefa, de Maruxa e de todas as que traballaban en Cuca. Antes “coñesiámonos” todas, algunhas viñan mariscar “comijo” ademais de traballar na fábrica... Ai! O caso é que a miña comadre e mais eu pasamos por diante da conserveira, por Caneliñas. E había ben xente por alá, disque están “jravando” capítulos da serie de José Coronado. Vimos tamén coches “antijos” da “juardia sivil”, eran como uns dos primeiros que se viron por aquí cando a xente “empesou” a ter diñeiro para comprar coches. O meu Benitiño botáralle dunha ocasión o ollo a un pero nos daquela non podiamos. A verdade é que foi unha oportunidade ben bonita para recordar vellos tempos coa miña comadre. Traballabamos moito pero tamén o pasabamos ben, eh! Que cando nos xuntabamos todas a rir... 
E dixéronme tamén que onte estiveron “jravando” na Illa. Andan pola beira sur, sería que o ventiño do Norte non lles era “ajradable” do outro lado. Unhas “amijas” coas que xogo ás cartas aínda botaron un anaco a rir alá en Con Retellado, sen mala “intensión”, claro, porque viron “vojar” a un dos actores e o pobre moito de mar non paresía. Dixéronme que ser era ben “juapo” pero que lle tiveron que dar unhas pastillas para que non se marease na dorna. É que este mar da Arousa non o parese pero ás “veses” é ben bravo.
 

Unha viaxe ó pasado

Te puede interesar