Vaia lío que temos co bar do centro social de Vilaxoán

VAIA SUSTO LEVEI. Menos mal que non pasou de aí e os rapaces que ían nunha lancha que quedou á deriva foron rescatados sanos por Salvamento Marítimo. Xa tivemos desjrasias de máis nesta Ría e non quero nin pensar niso. Onte pasei por Vilaxoán. Mimadriña a que teñen alí montada coa cousa do bar. Mercedes, unha amija que teño alí, díxome que a asociación de veciños ía a encarjarse de todo e seica tiña o permiso do Concello, pero mira ti por donde que os do remo tamén queren servir cafés alí. Vaia lío. O alcalde, que tamén anda moi liado e non ten tempo nin para falar un minuto por teléfono con tanta reunión, vai ter que andar fino para que non lle anden a él nas orellas. Bueno, bueno a que se pode montar na política. Maruxa, que pasaba onte por Ravella para non sei que obra ía facer na casa, mirou como o concelleiro ese que lle chaman díscolo andaba polos despachos do Concello. Non sei que querería, pero bueno, bueno... En fin, mañá teño que ir ao parajuero. Rompeume unha varillas e co que chove non se pode andar así a corpo xentil.

Vaia lío que temos co bar do centro social de Vilaxoán

Te puede interesar