Andrés Cidón Núñez

Podería lembrar mil anécdotas de Andrés Cidón. Podería relatar unha parte da súa biografía, como que naceu en San Esteban de Nogales, León, porque os de Vilanova –como os de Bilbao– nacemos onde nos peta. Podería enumerar as múltiples facianas de Andrés como administrativo da Confraría de Pescadores, colaborador da emisora parroquial, cofundador do Círculo Marítimo, funcionario do Instituto Social da Marina, membro dos Amigos de Valle-Inclán, entre outras actividades profesionais, sociais e culturais. Pero neste día amargo de tristura polo seu pasamento, prefiro lembrar ó pai de familia e avó agarimoso, ó amigo impulsor de encontros fraternais e facilitador de lazos entrañables. Prefiro suliñar a súa sinxeleza de home afable, o seu don de xentes e espíritu animoso, que se manifestaba nun fervente amor polo seu pobo. Considero xusto e preciso remarcar que, para moitísimos leoneses, vilanoveses e arousanos de ambas ribeiras da ría, foi unha honra poder disfrutar moitos anos da amizade de Andrés Cidón Núñez. (Descansa en Paz, Amigo).

Andrés Cidón Núñez

Te puede interesar