Repulsa polo intento de roubo das siglas Anduriña

Dende a directiva do Unión S.D. de O Grove queremos mostrar o noso malestar, así como a máis enérxica repulsa polo intento de roubo das siglas do Anduriña SD pertencentes ao noso clube pola fusión feita no ano 2005 dos clubs Deportivo Grove e Anduriña. Queremos comunicar a todos os socios e colaboradores da nosa entidade que estamos a tomar as decisións necesarias así como chegar ata onde faga falla para revertir esta situación que nos está ocasionando perxuicios sociais e económicos.
Preguntámosnos quenes son esta xente antidemócrata para querer facerse cunhas siglas e escudo pertencentes a nosa entidade. Temos que dicir que a decisión de formar un só clube foi votada maioritariamente e democráticamente polos seus propietarios históricos e lexítimos.
Nas asambleas para a fusión, celebradas o 29 de maio de 2005, votaron 202 socios do Deportivo Grove co seguiente resultado: 147 votos a favor, 54 votos en contra e l abstención. No Anduriña SD votaron 136 socios con 107 a favor da fusión, 28 en contra e 1 abstención. O resultado foi elevado a escritura pública. Onde estaban eses ilexítimos que agora están usurpando o noso nome e o noso escudo? 
Todo isto se fixo con asesoramento xurídico e tamén federativo, así como o visto bo do Concello do Grove co seu alcalde e concelleiros daquela época ao fronte. Non poidendo ser tumbada esta decisión nin recurrida por socios minoritarios dada a legalidade na que todo se realizou. 
Agora pretenden usurpar as siglas que pertencen ao noso clube. Tamén temos que dicir que ambas entidades fusionadas non están desaparecidas, seguen moi vivas dentro do Unión SD de O Grove. Recentemente fomos a votar para as nacionais e despois tamén para as municipais, no caso do Grove todos sabemos o resultado. 
Queremos facer saber tamén ao concelleiro de Deportes así como ao alcalde que este clube tamén seguiu os seguintes pasos, democracia, votos e fusión, polo que lle pedimos o máximo respeto a esta entidade coa votación realizada no ano 2005 e que non se deixen influir por ilexítimos e usurpadores dunhas siglas que pertencen a este clube e aos socios desta entidade. 
Queremos transmitir en todo momento aos socios a tranquilidade e a serenidade que nos da o saber que termos a razón, e que non estamos parados, que estamos traballando mediante a presentación dun Recurso de Reposición ante a Secretaria Xeral para Deporte da Xunta de Galicia . 
Así mesmo estamos preparando as accións xudiciais pertinentes con petición por daños e perxuicios. 

 

Repulsa polo intento de roubo das siglas Anduriña

Te puede interesar