martes 29/9/20

De baróns e outras historias

Algo funciona mal, cando os plantexamentos das Institucións,

Algo funciona mal, cando os plantexamentos das Institucións, non coinciden coa realidade social. Por iso, sorprende a bipolaridade, na meirande parte das declaracións, dos mal chamados Baróns do Partido Socialista. Sorprende , que sexan capaces de facer unha cousa nos seus territorios, e esixir outra para os demais. Chama a atención, que falen excatedra, coa voz dun territorio, sen ter consultado previamente a opinión daqueles, a quen di que representan. A militancia é a voz e o poder dun partido, e ninguén pode usurpar esa función. As partidas de póker para acadar posicións ou influencias, tocaron ao seu fin. E a moitos dos  afiliados dos partidos políticos, sexa o que sexa, están fartos das noites dos coitelos longos, na mesma noite electoral. A deslealdade dalgúns, que incomprensiblemente, se consideran inocentes duns resultados electorais nas súas áreas de goberno, e as lecturas sesgadas dos mesmos, chegan a estremos de perplexidade. Non entende a cidadanía como, ante unha situación como a plantexada tralas recentes eleccións, o protagonismo mediático dalgúns dirixentes socialistas, estea centrado en intentar retirarlle o liderado a quen, por vez primeira, foi elixido por voto directo [email protected]  militantes do partido, en lugar de aportar e unir para conformar maiorías. Novamente, o ruído interno en lugar da visión de país.Os mesmos dirixentes, que reclamaron a súa independencia, para negociar acordos con outras forzas, poñen límites e fronteiras (e en público) a que Pedro Sánchez escoite e fale, dende os principios básicos do ideario socialista. Saben de sobra que nunca se cruzarán as liñas vermellas. Xogar a estar sen estar pero estando, e a compartir só os triunfos, é un mal exercicio. Dende o primeiro minuto, se lles ve o plumeiro.

Comentarios