De conxugacións e bloqueos

Está quedando demostrado que nesta España nosa, o verbo bloquear está sendo perfectamente conxugado por todos e cada un dos partidos políticos que compoñen o arco parlamentario. Hai bloqueos ideolóxicos, que esquecen cando o PSOE, fracturándose notablemente, facilitou a investidura de Rajoy. Bloquea o que ten un representante, porque quere aproveitar para facerse visible e, xa de paso, pretende impor a súa axenda. 

Bloquea o que ten 10 porque considera que ten moitos representantes, e non lle fan as beiras suficientemente, e que no caso de facerllas, diranlle aquelo de contigo nin a apañar billetes. Sorprende a facilidade coa que todos buscan escusas para xustificar o seu relato. 

E manexan coma ninguén o coitelo afiado do ironía, o despezo e o insulto, todo con tal de non facilitar esa investidura que, tanto denuncian e culpabilizan nos demais, pola no consecución dos acordos necesarios para formar goberno. 

Cayetana Álvarez é unha experta na arte de menosprezar e usar cualificativos ferintes e agresivos. Sorprende a facilidade coa que todos consideran que 1, 10, 50 ou 80 representantes, son moitos máis, ou teñen moito máis valor, que os 120 deputados que a cidadanía outorgou ao Partido Socialista. 

Pero Inés Arrimadas hipotética lideresa de Cidadáns, semella que tampouco aprendeu nada do drama electoral que viviron. E seguen sendo prescindibles. E por último, saiban aqueles que asustan cos apocalipses e co diálogo que os Socialistas poidan abrir cos nacionalistas cataláns, que nada sairá dos límites da Constitución, nin do sentido común. Non será a primeira vez. Nin tampouco a última. 

Hai memorias que nunca deixarán de ser nosas –dixo El– a pesar de compartir con todos os namorados, necesidade, camiños e sentidos. Deixan rastros de café nas mesas que habitamos, e cercos de emocións en cada un dos dias que construímos xuntos e vivimos... 

De conxugacións e bloqueos

Te puede interesar