Da frivolidade e incomptencia

e non fora suficiente con ter que afrontar unha situación de temor e unha sensación de incerteza e pánico ao que puidera derivarse, tras descubrirse contaxiado polo brote de listeriosis, os cidadáns teñen que soportar que, dende a administración responsable, se lles responda cunha frivolidade e unha incompetencia que pensabamos desterrada e superada dende moito tempo atrás. 
Nunha recente entrevista nun programa de televisión, a poboación afectada e tdxs, en xeral, descubrimos asombrados o talante e a soberbia de Jesús Aguirre, á sazón conselleiro de Sanidade en Andalucía. 
A resposta deste conselleiro ante a narración do aborto que acababa de sufrir unha parella contaminada por listeriosis foi que no seguinte embarazo que acabe ben nos facemos unha foto xuntos. 
Ás veces temos dirixentes que semellaran sacados de malos cómics. Non merecemos políticos así, que non saben nin respectar aos cidadáns, nin están á altura cando as cousas veñen mal dadas. Máis alá de intentar escurrir o bulto e botarlle a culpa a outras administracións, pouca máis xestión tivo desta crise. 
Alguén terá que asumir as responsabilidades derivadas da falla de control sanitario; da demora na declaración da alerta sanitaria; pola ocultación de produtos que comercializaba, e polo incumprimento xeneralizado dunha empresa que, por non ter, non tiña nin licenza de actividade. 
Aguire demostrou ser un Conselleiro frívolo e deshumanizado, actuou con incompetencia e neglixencia, faltou ao respecto a afectados e polo tanto, ten que ser cesado de modo fulminante. 
Quen xoga cos dramas de familias afectadas por unha alerta sanitaria, non poder estar nin un minuto máis nun cargo quer, seguramente, veulle grande dende o primeiro día.
Sempre estarei contigo cando precises de min –díxolle El– sabes que nunca haberá mares insalvables ou vallas excesivas… Sempre estarei sentindo contigo –dixo Ela– incluso cando estar, non sexa necesario...

Da frivolidade e incomptencia

Te puede interesar