Das cartas aos Reis

Hai datas que teñen a maxia de recuperar memorias do pasado. Emocións, aromas e texturas asoman dende ese espazo da infancia que sempre vive en nós. Chega o Día de Reis, e con el unha pléiade de momentos felices, aínda que algunhas veces, non acertaran cos regalos que lles tiñamos pedido. 

Hoxe, tanto tempo despois, seguen deixando incendios de tenrura, de nostalxia e de empatía co que fomos, e lembramos con emoción e agradecemento aos que nos ensinaron a ser e a entender o mundo, e as nosas tradicións e culturas. 

Cando as cousas do mundo e da vida se complican e entramos en bucles inexplicables e interminables, un lembra a maxia ilusionada de escribirlles unha carta, ao modo clásico, de Queridos Reis Magos, e así poder resolvelo todo. Pedir Paz, Xustiza e Dignidade. Ou por exemplo, que os dirixentes tipo Ayuso/Almeida, pensen antes de falar da contaminación e do clima, que o negacionismo é unha aposta suicida. Que apostemos máis polo diálogo e menos pola testosterona da confrontación. Pedir que os dirixentes pensen no país e na sociedade en lugar dos intereses particulares do seu partido. Ou que os dirixentes de Vox saiban que todo existiu antes ca eles e que crispar con manipulacións a unha sociedade, só fai acrecentar tensións e violencia. Que cesen os asasinatos machistas e as violacións, e que nin as manadas nin os de calquera índole, teñan nin falsas xustificacións nin amparo social. Que Arrimadas deixe de chamar a baróns socialistas e arrime o ombreiro para seguir adiante. E que deixen que haxa Goberno. Sei que pido moito pero, queridos Reis Magos, facede o que poidades.

Acubillarte é unha oración xubilosa e sentida -díxolle El-  que aniñes  no exacto centro do meu ser, é pura poesía... fundirnos coma océano necesitado de praias,  incrementa a fondura dese abrazo que sempre ven contigo...

Das cartas aos Reis

Te puede interesar