Lunes 17.12.2018

Das cimentacións necesarias

A actualidade no país fai recuperar o xénero do sainete, vodevil, ou das comedias de enredo máis casposas.

A actualidade no país fai recuperar o xénero do sainete, vodevil, ou das comedias de enredo máis casposas. Semella sacada dun guión de Torrente, ou dunha nova entrega dos axentes da TIA. Surrealista e esperpéntico. Estaba claro que o intento de permanencia de Cospedal no seu escano do Congreso, era unha viaxe a ningunha parte. 
O seu partido deixouna caer, coma estaba previsto, pero ela, a pesar de mancharse groseiramente nas ciénagas máis escuras das cloacas do Estado, semella non acabar de entender que delicto cometeu. Non se pode estar á vez en misa e repicando. Entre todos estes actores que hiperactúan, a crispación navega á velocidade da luz. 
E o que aínda é peor, unha desconfianza absoluta corroe os cimentos da estructura, outrora sólida, dos nosos instrumentos de convivencia. A maneira de contar, moitas veces engade agravios ao que sucede.  Cando finalmente os Bancos, por unha xusta decisión do Goberno, son os encargados de pagar a escrituración de hipotecas, o anuncio é que o banco cobrará máis ao cidadán como consecuencia. Subir o Salario Mínimo a 900€, aparece como culpable da catarsis que incrementará o paro e baixadas de salarios. 
Algúns seguen aínda repetindo torticeiramente, o mantra das bondades de Franco. Seguro que estaban na alineación planetaria e ideolóxica adecuada. Navegando nestes caldos de cultivo, un home de 63 anos, armado ata os dentes, manifesta a sú intención de asasinar ao Presidente Sánchez... Necesitamos cimentar de novo. Recuperar diálogo, respecto e tolerancia. A cor da pintura da fachada, é o que menos importa.
Estaremos sentíndonos en calquera fronteira –díxolle El– construíndo amplos espazos emotivos entre a realidade e a tenrura. Nunca haberá vidas suficientes para esgotalas contigo –dixo Ela- E sempre, para sempre, na fronteira na que estés, estarei contigo.

Das cimentacións necesarias
Comentarios