lunes 16.09.2019

Das materias pendentes

verán funciona. Colas inmensas abarrotan as autovías e accesos ás praias das Rías Baixas dende as primeiras horas. E semella que non rematarán nunca polas tardes. Areais ateigados e sombrillas coloristas poñen o cartel de aberto por vacacións. É verdade que tampouco todo o monte é orégano. Levamos un verán non demasiado agradecido no climatolóxico, nin favorecedor nas temperaturas. Pero permite viaxar, coñecer e disfrutar do amplo turismo cultural que Galicia ten para ofrecer, tanto en cantidade como en calidade. 
O que non funcionan, son as múltiples causas pendentes de resolución que enchen as informacións dos medios, un día sí e outro tamén. O drama humanitario do “Open Arms”, clama ao ceo. E a ineficacia e pasotismo das administracións europeas volve a ser de xulgado de garda. A falla de responsabilidade dos políticos que fan do populismo a súa bandeira, fai que centos de persoas non teñan un porto refuxio que lles axude a superar un inferno. Non pode ser España o único país comprometido coa solidariedade. 
Bruxelas debera poñer coto a estas políticas e actuar dende a lei, e coa lei. Segue a suceder a violencia de xénero. Os asasinatos de mulleres e de nenos volven a incrementarse e poñen en evidencia que algo falla no conxunto do proceso de formación, coidado, prevención, seguimento e control destas lacras que non cesan. Precisamos que unha materia tipo Educación para a Cidadanía entre no sistema educativo. Formarse e concienciarse non vai a resolver todos os problemas, pero é unha garantía de criterio, dereitos e responsabilidade. E aínda sen goberno.
O tempo é un memorial lentísimo de ausencias –dixo El– agravios disonantes das habitadas emocións que compartimos. E así a luz vai caendo submisa no silencio... Acaso, equivocadamente, deixamos que fuxiran demasiados abrazos... 

Das materias pendentes
Comentarios