Das preguntas

Ás veces, un percibe síntomas evidentes  de algo parecido a un  certo cansazo existencial. Ou intelectual ao menos. Sintomatoloxía que retorna cando de xeito recorrente, e como nun xogo da oca paralelo, todo volta novamente ao punto de partida. Aquelo que xa xustificamos sobradamente, ou do creamos teses razoadas para desmontar a súa arquitectura peza a peza, volve a estar na primeira plana e na primeira páxina.

Retornan os cualificativos, as frases repetidas e os remates tipo aquí non hai máis cera que a que arde, ou todxs xs políticxs son iguais. Entón  as preguntas en torno ás que construímos a nosa vida, tamén a política, volven a (re)formularse coas mesmas interrogantes que moitos anos atrás.

Acaso non avanzamos o suficiente na construción dunha sociedade máis xusta, máis diversa e máis plural? valores moi asumidos aparecen cuestionados tralas treboadas, mesturados cos restos das batallas propagandísticas, xudiciais e mediáticas. Non temos as xeracións máis preparadas e coa suficiente capacidade crítica, para saber separar o po da palla?

Logo porque triunfan tantas fake news que tanta xente traga sen cuestionarse absolutamente nada? Será quizás que aínda non temos a mesma conciencia do público, e da defensa do de todxs, que admiramos noutras democracias europeas? Serán  as corrupcións, nos diversos formatos e texturas que aínda suman e seguen, a consecuencia deses déficits?

Ás veces semellara que asistimos a situacións que xa temos vivido. Será acaso que a xustiza é tan lenta que, coma titánicos Atlas, esteamos condenados a repetir longos anos as mesmas accións e os mesmos argumentos? Hoxe as Comunidades de Vox non terán Manifesto Contra a Violencia Machista, acaso é un acto de modernidade, de valentía ou xustiza? De que teñen medo o PP e Cidadáns?

A tenrura deixa trazas de afectos esenciais –dixo El– aromas de coiros curtidos, de nébeda e lavanda ou de areas das illas máis secretas... tenrura é  a  memoria fonda das nosas mans unidas perfiladas con silex...

Das preguntas

Te puede interesar