Das voces únicas

Poderíamos falar de moitas cousas. Dicir, por exemplo, que o IVE do cine baixa do 21 ao 10%. Ou tamén que o irmán do expresidente da Comunidade de Madrid Ignacio González recoñece e sinala a corrupción en Madrid. Incluso, que a ultradereita en Alemania avanza en intención de voto, como nunca o fixera dende a II Guerra Mundial. Ou que Miguel Ángel Fernández Ordoñez, exgobernador do Banco de España cando o asunto Bankia, non terá que comparecer ante o xuíz.
Ou sinalar que o número de mortos por accidentes laborais en España segue a medrar. Máis de 300 traballadores morreron nos sinistros neste primeiro semestre do ano. Incluso que seguen os afundimentos de pateras no Mediterráneo, cun centenar de vítimas. Saiban que 293 persoas faleceron no terremoto de México e que seguen os traballos para atopar superviventes. Que medrou o desemprego, a precariedade e non vivimos mellor, unha vez superado o verán...
Pero a hidra de sete cabezas na que se ten convertido o da consulta tapa e afoga a valoración de calquera outra noticia. A tensión crecente, ao pasar dos despachos ás rúas o protagonismo das accións, crea unha situación de alto risco que viviu xa momentos críticos. As sociedades non merece sufrir estas tensións. As respostas políticas son as que deberan ter resoltos estes temas. Para iso están os Parlamentos. E os líderes. E as leis. Para amparar e protexer a todos, pensen como pensen. E defendan o que defendan. Non houbo altura. E veremos, se aínda, hai sentido.
Teño medo a non ter palabras novas para darte –dixo el– e se marchan as musas? Sempre falarán os nosos ollos, dixo ela, mentres debuxaban sorrisos con melura.

Das voces únicas

Te puede interesar