De divisións e fortalezas

Se facemos caso das ensinanzas de Xulio César e aplicamos o de divide e vencerás, chegamos á conclusión de que o qué está a ocorrer no PP nestes últimos tempos non é nada máis que a proba do nove de todo proceso de primarias. 
Se lle engadimos o feito de que non teñen callo neste tipo de procesos, xa que os nomeamentos sempre os fixeron a dedo; nin tampouco acostuman a romperse en varias correntes e sumado a que non falaban fóra das loitas que mantiñan dentro de Xenova 13, volvemos a cadrar o círculo das circunstancias que levan a esa desazón que deixa o de perder unhas primarias. 
Agora están na fase de duelo. E moi sensibles. Calquera chispa pode provocar incendios. Empezan co da esixencia de reparto de postos en función de porcentaxes (os que perden) e a negativa do gañador, argumentando aquilo de que non queren meter cabalos de troia na nova executiva. Non é nada novo, nin pasou unicamente no PP. A única diferencia é que no PSOE, xa experimentado nestas lides, a democracia interna é un proceso practicado e asentado, a pedra angular dos procesos de elección de cargos e executivas de todo tipo e condición. 
Xa ten pasado moitas veces que quen representa ao aparato é derrotado tamén aparatosamente. Despois tocará reconstruír, reunificar e reparar con guante de seda un partido dividido case pola metade, e ademáis cabreado polas formas duns e outros. Pero sempre é mellor elixir que impoñer. Convencer á militancia é a mellor maneira de gañar credibilidade e fortaleza.
Agochamos desexos que fixeron de nos arxila maleable –dixo El– e corazóns que latexan compartindo as paixóns e as mesmas friaxes das ausencias, case invernos, tralas tristes despedidas nas rotondas.. 

 

De divisións e fortalezas

Te puede interesar