De exilios e fuxidas

O Xuíz Llarena, ordena o ingreso en prisión doutros cinco dirixentes independentistas, por rebelión e malversación. Opinable e discutible, como todo, pero a fuxida de Rovira abona o terreo para seguir dictando prisión. 
Dar ao César o que é do César sempre foi o correcto. Confundir a realidade co que un desexaría que acontecera, é autoenganarse vanamente. Ou un claro exercicio de soberbia. E non é de recibo, malversar termos que non responden á verdade do que sucede. Que Marta Rovira ou Puigdemont, estean fuxidos por non asumir que todo acto conleva consecuencias, non ten nada que ver co exilio. 
Desgraciadamente, neste pais houbo exiliados e  represaliados, e tomarse a lixeira tanto sufrimento, e tanta dor como o que tantas familias padeceron, é unha manipulación da verdade histórica. Permítanme que manifeste que os dirixentes do Procés, sabían perfectamente as consecuencias dos seus actos. Eran coñecedores das figuras penais ás que terían  que enfrontarse en caso de suceder, o que sabían que sucedería, que o Estado non ía permitir saltarse a legalidade. 
Podemos facernos de Cobas, se vostedes queren, pero a realidade é que os implicados neste causa, son todos experimentados políticos,  con estudos universitarios, incluso profesores de universidades nacionais e estranxeiras. E todos sabemos que para cambiar as regras, hai que facelo dende a Política. Podemos discutir sobre o divino e mailo humano, pero os feitos son os feitos. Asumir o que as leis marcan para tales figuras delictivas, non é máis que recibir o premio/sanción polos feitos nos que, conscientemente, tomaron parte.
Contigo –díxolle Ela cun bico– todo ten afecto e maxia, e merece a pena ser vivido. Sen ti non nacerían os versos –díxo El– somos xuntos eternidade, dende o principio. 

 

De exilios e fuxidas

Te puede interesar